PROXECTO RÍOS
O “Proxecto Ríos” é un programa coordenado en Galicia desde o ano 2005 por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Trátase dunha iniciativa que ten como finalidade achegar ríos e persoas a través da concienciación, a educación ambiental e a participación cidadá en defensa dos nosos ríos.
Desta maneira, o proxecto fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que discorre polo seu municipio ou localidade. Segundo a metodoloxía indicada, as inspeccións realízanse, como mínimo, dúas veces ao ano, unha no outono e outra na primavera. Isto permite obter unha mostraxe representativa do estado do río ao longo das diferentes estacións do ano.
Os principais aspectos estudados nestas inspeccións son a calidade hidromorfolóxica, o bosque de ribeira, o caudal, as alteracións, a calidade fisicoquímica, a calidade biolóxica e os restos patrimoniais. O conxunto de todos estes atributos permite construír unha imaxe xeral do estado do ecosistema fluvial.
OBXECTIVOS
- A importancia da educación ambiental para coñecer mellor os ecosistemas acuáticos e promover comportamentos que redunden na súa conservación.
- A constancia do traballo co voluntariado ambiental que se fai responsable do tramo dun río.
- O fomento da participación cidadá como ferramenta fundamental que permita camiñar hacia unha sociedade máis sensibilizada e capacitada para emprender accións de protección e mellora destes ecosistemas.
ACTIVIDADES
Os ríos son uns grandes descoñecidos, especialmente a complexidade que hai dentro do ecosistema fluvial, como é o caso dos macro-invertebrados, que nos axudan a determinar a calidade da auga e do ecosistema fluvial en xeral. Neste sentido, a UNED de Lugo ten unha localización privilexiada por atoparse ao pé do río Miño, un dos grandes cursos fluviais de Galicia, permitindo achegarse á complexidade deste sistema como é o bosque de ribeira e a fauna e flora que alberga. Co fin de poñer en práctica os labores transmitidos polo “Proxecto Ríos”, lévanse a cabo as seguintes actividades.
- Sesións teóricas impartidas mediante unha conferencia pola directora da UNED de Lugo, Ana Traseira, e polo educador ambiental Ramses Pérez (ADEGA) donde informa aos participantes sobre as instrucciones básicas para a inspección dun río.
- Sesións prácticas levadas a cabo na ribeira do Miño, donde a universidad apadriñou medio kilómetro de río co fin de contribuir a súa conservación, nas cales se miden os parámetros biolóxicos, concretamente no muestreo dos macro-invertebrados presentes no río. Coa axuda de cubetas, un vadeador e unha rede de mostreo tómanse mostras de diferentes zonas do río, tramos con correntes, tramos sen corrente e zonas de limo para obter unha imaxe representativa da zona de estudo. Tras a recollida de diferentes mostras identificanse os xéneros dos macro-invertebrados presentes para así determinar o estado del río.
Sesión Teórica
Sesión Práctica
ENTIDADES PARTICIPANTES
IES BASANTA SILVA
ASPANANE
COGAMI
DOWN LUGO