#LugoNaturalMente

O proxecto #LugoNaturalMente xorde en outubro de 2018 no seo do centro Asociado á UNED en Lugo cunha nova misión e valores “que todos os cidadáns/as da nosa contorna teñan acceso flexible ao coñecemento relacionado coa educación superior, mediante a modalidade de aprendizaxe semipresencial e a distancia, e ao desenvolvemento profesional e cultural de maior interese social.

Obxectivos

  1. Difundir e dar a coñecer a Axenda 2030 e os ODS á provincia de Lugo.

  2. Promover o desenvolvemento dos ODS e contribuir ao seu cumprimento.

  3. Rexistrar e reducir a pegada de carbono do Centro Asociado.

  4. Establecer un sistema de xestión ambiental do Centro encamiñado a un comportamento máis sostible e á redución da pegada ambiental do Centro en particular e da comunidade universitaria en xeral.

  5. Dar a coñecer o sistema de xestión ambiental do Centro a todos os grupos de interese do mesmo. Tratar de que o 90% do persoal, os profesores-titores e os estudantes o coñezan. Difundilo tamén á sociedade, para que poida ser adoptado como modelo por outros colectivos e/o institucións.

  6. Mellorar a eficiencia e a sustentabilidade ambiental na adquisición de bens e servizos no consumo de auga e enerxía.

  7. Ordenar o sistema de xestión de residuos do Centro Asociado.

  8. Sensibilizar á sociedade lucense co problema do cambio climático e a importancia e urxencia da adopción de medidas inmediatas para atallalo.

  9. Realizar, polo menos, 12 actividades: seminarios, cursos, simposios, talleres etc., para contribuír á consecución destes obxectivos.

  10. Levar a cabo estes obxectivos con transparencia e fomentando a igualdade entre seres humanos.

Traxectoria

Desde o inicio, a súa traxectoria centrouse en expandir os seus valores a través de diferentes actividades que representan un compromiso con diversas causas sociais, desde o medioambiente e a crise climática, ata a saúde mental e o feminismo.