O territorio que nos rodea, sobre o que desenvolvemos a nosa vida día a día, está formado por un rico patrimonio: cultural e natural, material e inmaterial, histórico e contemporáneo... A UNED de Lugo pretende achegar á sociedade a todo iso, a observar a nosa contorna máis próxima con novas miradas analíticas e integradoras capaces de ver máis aló do propio elemento patrimonial, capaces de relacionalo coa contorna e de valoralo como un recurso endóxeno, non só de protección, senón tamén de desenvolvemento.