#PlanetaODS é unha iniciativa que xorde a principios do 2020 co fin de dar a coñecer a Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible á sociedade lucense a través dunha selección de efemérides de calendario socio ambiental anual. A principal finalidade deste proxecto é concienciar á sociedade da necesidade de vivir dun modo máis sostible, reforzando o compromiso das administracións e da cidadanía para alcanzar os Obxectivos da Axenda 2030, que contribúen a preservar o planeta e facer posible un futuro próspero.