Necesítase repensar e cuestionar, desde a consciencia, todas as aprendizaxes, porque son produtos patriarcais na súa maioría. Persiste unha visión androcéntrica da vida instalada socialmente e educativamente, que trae consecuencias violentas que truncan os anhelos, as relacións, e ata a vida de moitas mulleres. Queremos achegar á sociedade outras miradas, para ir construíndo a igualdade de dereitos reais. Por iso, promoveremos a concienciación e divulgación dos retos actuais da axenda feminista, instrumentos formais e informais para combater a desigualdade.
O ODS 5 está dedicado á igualdade por razón de sexo, especificando no 5.5 que se debe asegurar a participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis decisorios na vida política, económica e pública.
A lexislación actual, no noso país, contempla a igualdade e prevé instrumentos funcionais para conseguila, que na maior parte dos casos non se están cumprindo . Consideramos que conseguir a igualdade real e efectiva, así como promover a equidade entre mulleres e homes involucra a toda a sociedade.
- Fecha
- 4 de Abril de 2024
- Fecha
- 2 de Abril de 2024
- Fecha
- 21 de Marzo de 2024
- Fecha
- 20 de Marzo de 2024
- Fecha
- 19 de Marzo de 2024
- Fecha
- 22 de Febreiro de 2024