#UNEDLife é un programa enmarcado baixo o proxecto #LugoNaturalMente cuxos obxectivos son fomentar, a través de diferentes accións, os hábitos de vida saudables mediante a práctica deportiva para lograr que a poboación alcance unha vida saudable.

A través das seguintes liñas de actuación, desenvolvidas ao longo do curso académico 2022-2023, o proxecto abarcará as principais preocupacións do mundo actual na provincia de Lugo.

  • Conferencias da Saúde
  • ODS Saúde
    • Planeta ODSlife
    • Sabores Saudables
    • Ningún Aro Sen Rede
    • Orgullo de Club

Este programa especial alíñase cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 establecidos polas Nacións Unidas.