Bacharelato STEM. Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas
Co obxectivo de proporcionar unha educación de calidade aos mozos estudantes da provincia de Lugo, a UNED únese á iniciativa STEMBach da Xunta de Galicia. Esta iniciativa permitirá que o alumnado tome o control do seu proceso de ensino e aprendizaxe á vez que desenvolve as competencias e habilidades establecidas no currículo académico.
CONVENIO STEMbach
UNED Lugo - Consellería de Educación
PROGRAMA DE MENTORÍA
UNED de Lugo
PROXECTOS STEMbach
Titorizados por UNED de Lugo
PROXECTOS STEMbach 2024-2026
Oferta UNED Lugo


A UNED de Lugo únese á loita contra a crise climática organizando unha feira científica con estudantes de STEM do programa de Bacharelato do IES Virxe dos Ollos Grandes.
Nun esforzo por involucrar ás xeracións máis novas nesta causa, os estudantes de STEM do programa de Bacharelato organizan unha feira científica para estudantes de sexto de primaria no CEIP Anexa. Este obradoiro, que se celebra na sede da UNED, permite aos mozos científicos presentar os proxectos que desenvolveron na materia de Bioloxía, centrándose en temas cruciais para comprender e combater a actual crise climática.
Esta iniciativa destaca a importancia do coñecemento como ferramenta para abordar os desafíos globais, promover o sentido de responsabilidade no coidado do planeta e fomentar un futuro máis sostible a través da educación e a acción conxunta.


A coordinación do proxecto #LugoNaturalMente impartiu, dentro do programa STEMbach, diversas formacións dirixidas ao alumnado matriculado no curso 2025/2026 dentro do citado programa de bacharelato de excelencia no IES Virxe dos Ollos Grandes de Lugo.
A primeira das charlas titulada "Aspectos formais dos traballos de investigación" tivo como obxectivo ensinar a importancia da estrutura formal dos traballos académicos de investigación, emprengando como exemplo traballos académicos universitarios e artigos de investigación científica.
No que se refire á segunda charla STEM do curso académico 2025/2026, de novo visitouse o IES Virxe dos Ollos Grandes. Baixo o título "IA en proxectos de investigación", tratouse de informar e concienciar ao alumnado nos riscos e nas opcións que pode ofrecer a Intelixena Artificial á hora de iniciarse nun proxecto académico de investigación. Con esta finalidade, dotouse aos asistentes coa ferramenta Perplexity, informando da súa función investigativa "Deep Research" e da súa utilidade para a búsqueda bibliográfica (entre outras).
Tras as exitosas colaboracións co Instituto de Ensino Secundario Virxe dos Ollos Grandes, o Centro Asociado da UNED en Lugo asinou un convenio de colaboración para os proxectos STEMBach da Xunta de Galicia. Este programa pioneiro na educación preuniversitaria reafirma o compromiso da universidade coa promoción de oportunidades formativas innovadoras e accesibles, contribuíndo ao desenvolvemento académico e profesional do alumnado de Galicia.






