PLAN A
«Plan A», o videopodcast da UNED Lugo, integrado na Oficina Verde dos Centros Asociados, no que reflexionamos sobre a sustentabilidade desde a ciencia, a educación e o territorio. Trátase dun proxecto co que queremos construír coñecemento compartido e dar voz a persoas que inspiran un cambio real cara a un futuro máis xusto, verde e humano. Porque falar de sustentabilidade é falar tamén de cultura, de responsabilidade social e de esperanza.
EPISODIOS
Episodio 3: Abraham Cupeiro
Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, conversamos con Abraham Cupeiro, músico, compositor e investigador lucense, recoñecido internacionalmete polo seu traballo de recuperación de instrumentos ancestrais e de sons que forman parte da memoria da humanidade. Falamos de patrimonio cultural, diversidade, natureza, saberes ancestrais e da importancia de manter vivas as nosas raíces. Tamén reflexionamos sobre o papel da cultura no desenvolvemento rural e sobre o papel da cultura no desenvolvemento rural e sobre a posibilidade de crear, innovar e desenvolver proxectos internacionais sen abandonar o territorio.
Episodio 2: Planeta Mauna Loa
Neste episodio conversamos con Tania Alonsa Cascallan e Juan Samaniego, xornalistas ambientais, autores do libro "La era del plástico" e responsables do proxecto divulgativo Planeta Mauna Loa. Con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cambio Climático, e do Día Mundial da Limpeza, poñemos de relevo a estreita relación entre a contaminación por plásticos e a crise climática. Dous grandes desafíos ambientais que comparten unha mesma orixe: un modelo de producción e consumo que precisa transformarse.
.
Episodio 5: Nico Adega
Conversamos con Nicolás Martínez Adega, campión do mundo, campión de Europa e subcampión do mundo de paracanoe, recoñecido co Premio Deporte Galego 2025 ao mellor Deportista Maculino con Discapacidade. Diagnosticado de osteosarcoma aos sete anos, Nico comparte connosco unha historia que pon de manifestoo a importancia da investigación médica, dos avances científicos e das oportunidades que ofrece unha sociedade inclusiva.
Con esta entrevista conmemoramos o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, porque detrás de cada avance científico hai persoas, historias e novas posibilidades.










