ApS. Aprendizaxe-Servicio
A UNED de Lugo participou no V Simposio Internacional sobre a Aprendizaxe-Servizo e a Educación Superior, titulado A Reciprocidade como Eixe do Vínculo Universidade-Comunidade.
O evento, celebrado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, serviu como escenario para a presentación dos cinco proxectos de Aprendizaxe-Servizo (ApS) desenvolvidos coa colaboración da UNED de Lugo. Durante o Simposio perseguíronse os seguintes obxectivos:
- Analizar a Aprendizaxe-Servizo na educación superior como un enfoque pedagóxico que integra a formación académica, o compromiso social e a vinculación entre a universidade e a comunidade.
- Afondar na reciprocidade como principio ético e pedagóxico da Aprendizaxe-Servizo, valorando a súa incidencia na calidade dos procesos formativos e comunitarios.
- Examinar o impacto da Aprendizaxe-Servizo na aprendizaxe, no desenvolvemento competencial e na empregabilidade do estudantado, así como na xeración de valor social.
- Analizar os procesos de institucionalización da Aprendizaxe-Servizo nas universidades, atendendo ás súas dimensións normativas, organizativas e culturais.
- Reflexionar sobre o papel da universidade como actor público comprometido co desenvolvemento comunitario e coa construción dunha sociedade civil democrática.
Os proxectos 2 (Proxecto A-vós), presentado por Marta Hernández Díaz, Sara Rodríguez Ron e Trinidad Veiga Onega, e 5 (Avaliación do Impacto Ambiental II), presentado por Ana Belén Traseira Pena e Alejandro Rodríguez García, foron defendidos en dúas mesas temáticas correspondentes ás áreas de Ciencias da Saúde e Ciencias / Enxeñaría e Arquitectura, respectivamente.





