Alfabetización.
Desde o mes de febreiro, o equipo de LugoNaturalMente da UNED de Lugo desenvolveu diversas xornadas en distintos colexios, centradas na concienciación sobre a “Alfabétización climática”.
Estas conferencias aborda a importante necesidade de información que teñen a día de hoxe os rapaces ao redor do cambio climático, así como as estratexias necesarias para identificalos e combatelos. O obxectivo principal é dotar aos asistentes de ferramentas que lles permitan recoñecer e ter argumentos baseados na evidencia científica.
Así mesmo, ponse de relevo como a acción climática, facilita a toma de decisións responsables fronte aos desafíos ambientais actuais.

A primeira destas charlas desenvolveuse no CEIP Illa Verde, onde todo o centro educativo sumouse a esta iniciativa, alcanzando unha participación de preto de 300 alumnos e alumnas de diferentes niveis.
A sesión foi impartida por Yessica Cancela e Icía Rodríguez, no marco desta iniciativa de divulgación impulsada desde a UNED de Lugo para achegar o coñecemento científico a distintos colectivos sociais.
Durante a xornada, traballáronse contidos de alfabetización climática adaptados ás distintas idades do alumnado, abordando de xeito sinxelo conceptos clave sobre o cambio climático e desmontando algunhas ideas erróneas a través de exemplos prácticos e próximos.
A charla combinou contidos teóricos cun enfoque participativo, favorecendo a implicación de todo o alumnado e fomentando o pensamento crítico, así como actitudes responsables e comprometidas co coidado do medio ambiente desde idades temperás.




A terceira destas charlas desenvolveuse no CEIP A Ponte, onde un grupo de 54 nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria participou nesta actividade de alfabetización climática.
A sesión foi impartida por Yessica Cancela e Icía Rodríguez, no marco desta iniciativa de divulgación impulsada desde a UNED de Lugo para achegar o coñecemento científico a distintos colectivos sociais.
Durante a sesión, traballáronse conceptos básicos sobre o cambio climático adaptados ao nivel do alumnado, abordando de forma sinxela algunhas ideas erróneas e fomentando a comprensión dos fenómenos ambientais. A través de exemplos próximos e dinámicos, introducíronse nocións crave que permiten aos nenos e nenas entender mellor a importancia do coidado do planeta.
A charla combinou contidos teóricos cun enfoque participativo, fomentando o pensamento crítico desde idades temperás e promovendo actitudes responsables e comprometidas co medio ambiente.






