Día mundial do medio ambiente. A problemática por contaminación de plásticos e o seu impacto no medio ambiente.
O Día Mundial do Medio Ambiente, dirixido polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e celebrado anualmente desde 1973, é a maior plataforma mundial de divulgación ambiental.
O lema deste ano 2023, “sen contaminación por plástico”, elixido por motivo da crecente problemática de contaminación por este material, céntrase na loita contra a redución do consumo de plástico e o seu impacto no medio ambiente e a sociedade.
A contaminación por residuos plásticos é un dos principais problemas ambientais do noso tempo. Altera os hábitats e os procesos naturais reducindo a capacidade dos ecosistemas para adaptarse ao cambio climático, afectando directamente o benestar social das persoas (UNEP, 2023).
Desde a UNED Lugo preténdese impartir formación sobre a problemática da contaminación por plásticos e o seu impacto sobre o medio ambiente, ademais de proporcionar consellos prácticos para reducir o seu uso e contribuír a unha causa global. Para iso organízase unha conferencia na cal participaron Patricia Reina Toresano e Fernando Gómez Soria, coautora e coautor do libro “Vivir sen plástico” e fundadores da ONG co mesmo nome.
A continuación pódese ver dita conferencia que tamén está dispoñible na canle de Youtube da UNED Lugo.