Como cada ano, o 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos, unha data marcada no calendario para dar a coñecer o estado de conservación no que se atopan os nosos océanos. Este ano, as Nacións Unidas estableceron como tema “Planeta oceánico: las corrientes están cambiando”.
Con motivo deste día, a UNED de Lugo realizou unha entrevista ao oceanógrafo físico pola Universidade de Plymouth e surfeiro Tony Butt. O acto tivo lugar na Praia dás Catedrais, unha contorna seleccionada polo seu vínculo co mar e a beleza da súa paisaxe.
Durante a entrevista, a directora do centro Ana Belén Traseira e o codirector do proxecto #LugoNaturalMente Carlos García Rodríguez, conversaron co doutor sobre a súa traxectoria profesional e temas relacionados coa conservación do medio mariño e o impacto que ten o cambio climático sobre estes ecosistemas.
A continuación pode verse a entrevista, así mesmo, atópase dispoñible na canle oficial de Youtube da UNED, así como no resto das súas redes sociais.