Lugopoética 2024 é unha iniciativa do Colectivo Egeria en colaboración coa UNED Lugo e a Xunta de Galicia, esta actividade conta con seis encontros de poetas consagrados/as e noveis para contrastar a súa obra, homenaxear aos veteranos e potenciar a carreira dos novos creadores: tres escritores e tres escritoras de longa e frutífera traxectoria, e outras tantas voces novas que camiñan de xeito firme polos vieiros da poesía de Galicia.
Intervirán:
- Marica Campo – O Incio / Eva Teixeiro – Guitiriz
- Lois Pérez Díaz – Lugo / Daniel Irimia – Cospeito
- María Xosé Lamas - Vilalba / Brenda Mondelo – Pedrafita.
- Xosé Otero Canto – Terra Chá / Antonio Calvo Varela – Lugo
- Olga Novo - Pobra do Brollón / Cristina Corral Soilán – Lugo
- Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero – Vilalba / Fco. Javier Neira Pampín – Lugo
Resultado destes encontros será unha publicación dixital e física: Libro de poesía en galego, con selección da obras dos poetas novos, “avalada” polos consagrados, e o xuízo dun especialista en literatura galega da UNED sobre o froito poético das doce voces mencionadas.
Nestas xornadas, o coordinador presenta ao poeta consagrado, que lee e comenta o seu poema máis significativo; presenta ao novo poeta con igual tratamento, e a continuación suscita o diálogo entre poetas, con lectura e comentario da poesía do poeta novo para rematar cun xuízo breve do especialista en poesía galega da UNED, que resume a experiencia do día.
Lugopoética nace con vocación de continuidade, pretendendo medrar no futuro con similares encontros que reflictan a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.
ENCONTROS