ORGULLO DE CLUB: CLUB BALONCESTO BREOGÁN
O proxecto #UNEDLife organizou en aberto un foro acerca do Club Baloncesto Breogán o 1 de decembro do 2022. O foro, titulado Orgullo de Club: CB Breogán, contou coa presencia de históricos xogadores, xornalistas, directivos, afección e xogadores do actual cadro lucense. Foi un diálogo a cerca do pasado, presente e futuro deste club insigne do deporte lucense.
Grandes coñecedores do club como o actual director deportivo, Tito Díaz, o excapitán do Breogán e actual director da Fundación Breogán, Salva Arco, o xornalista deportivo, Paco Basanta, o xogador breoganista Lucense, Erik Quintela e o afeccionado, Jesús Méndez compartiron con nós unha tarde de baloncesto.
A UNED de Lugo convidou a todos os afeccionados ao deporte da canastra a compartir un bo rato falando de baloncesto, deporte e saúde.
Este foi o primeiro dos especiais a cerca dos clubs de referencia do deporte lucense que organiza o proxecto #UNEDLife.
Con motivo da celebración desta actividade, a directora da UNED de Lugo nombrou ao CB Breogán, representado polo seu director xeral embaixador do proxecto #LugoNaturalMente e fíxolle entrega do galardón de artesanía local diseñado especialmente para este recoñecemento.
OBXECTIVOS
Esta actividade impacta nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
PARTICIPANTES
- Salvador Arco Frías. Director da Fundación Breogán e ex xogador de baloncesto.
- Francisco Ramón Basanta Piñeiro. Periodista deportivo.
- José Antonio Díaz López. Ex xogador e adestrador de baloncesto español. Director Xeral do Breogán Lugo da Liga ACB.
- Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón. Afeccionado.
- Erik Quintela Salvador. Xogador do CB Breogán.