CONFERENCIA SOBRE OS TRASTRONOS METABÓLICOS CON CINTIA FOLGUEIRA COBOS.
As enfermidades metabólicas convertéronse nun dos maiores problemas de Saúde Pública no noso país e nunha das pandemias do século XXI: a obesidade e a diabetes tipo II.
A orixe destas enfermidades é multifactorial, donde interveñen dende a xenética, os malos hábitos alimentarios ou o sedentarismo ao estilo de vida da sociedade actual. Para avanzar nesta área é necesario descubrir os mecanismos moleculares que regulan o metabolismo. Con esta conferencia quérese destacar a importancia de estudar estas enfermidades e explicar os diferentes abordaxes que se poden aplicar para previr o seu exponencial crecemento na nosa sociedade.
Conferencia impartida por Cintia Folgueira Cobos, investigadora postdoctoral no Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares (CNIC), acompañada pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena.
Realizada de forma presencial e online o 20 de Abril.
OBXECTIVOS
Esta actividade impacta nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)