XORNADAS DE XESTIÓN DO ESTRÉS COA PSICÓLOGA PSICOTERAPEUTA, MARTA FERNÁNDEZ MEIJIDE, E A EXPERTA EN EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, MARÍA DO PILAR PAVÓN LÓPEZ.
Na actualidade a palabra estrés retumba nos nosos oídos constantemente, pero ¿Qué é realmente o estrés?
Na primeira xornada, aprendemos a dar unha resposta clara a esta pregunta, así como a diferenciar diferentes tipos de estrés, principais factores de risco psicosocial, o impacto que ten sobre a nosa saúde tanto mental como física, a relación que garda coa ansiedade e, como non, técnicas de afrontamento para poñer en marcha no noso día a día.
Realizada de forma presencial e online o 15 de Xuño do 2023.
Na segunda xornada, vamos ver como podemos xestionar o estrés , como podemos adaptarnos eficazmente aos cambios nas distintas esferas da vida.
A importancia de rexenerar a nosa mente e o noso corpo a través do descanso, será un tema que tamén tocaremos así como os "alimentos antiestrés". ¿Podemos reducir o noso estrés gracias a certos nutrintes?. Todo elo influe na nosa vida , redes sociais, o cambio Climático... Intentaremos dar unhas pautas para axudarnos a sobrelevar o noso día a día.
Xornada impartida o 7 de Maio de 2024.
Conferencias impartidas por Marta Fernández Meijide, psicóloga psicoterapeuta, e María Do Pilar Pavón López, experta en educación para a saúde e instructora de Soporte Vital Básico e DESA pola Semicyuc.
OBXECTIVOS
XORNADA 15 Xuño
- Qué é o estrés e tipos de estrés
- Como afecta o estrés as nosas capacidades cognitivas
- Principais emocións relacionadas co fracaso.
- Modelo ABC para modificación de pensamentos negativos.
- Cuidado persoal para o afrontamento de exames : Deporte, técnicas de relaxación, autoestima...
XORNADA 7 Maio
- Cómo podemos adaptarnos eficazmente aos cambios nas distintas esferas da vida.
- Hixiene do sono. A importancia de rexenerar a nosa mente e o noso corpo a través do descanso.
- Alimentos antiestrés. ¿Podemos reducir o noso estrés gracias a certos nutrintes?
- A importancia da Rede social para o control do estrés. Os abrazos protéxennos.
- Efectos do cambio climático sobre a nosa saúde . Emerxencia e reto para a supervivencia das especies e o planeta.
Esta actividad impacta nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)