ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN: MINDFUL-EATING COMO FERRAMENTA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE.
Neste curso explícanse os coñecementos indispensables para optimizar a nosa alimentación seguindo un patrón sostible e saudable, sen dietas, utilizando ferramentas como, o Mindful-Eating (comer de forma consciente), para axudarnos a diferenciar os tipos de fame física e emocional, aprendendo a escoitar ao noso corpo. realízanse prácticas relacionadas co Mindfulness e Mindful-Eating, meditacións e exercicios prácticos, para que os alumnos poidan adquirir estes hábitos saudables.
Curso impartido por María Ángeles Valero Arques, enfermeira e nutricionista.
Realizanse diversas edicións do mismo ao longo do curso.
CONTIDO
1.- Iniciación en Mindfulness. Breve práctica de meditación da respiración. O Mindfulness aplicado á alimentación: Mindful-Eating. Diferenzas entre alimentación e nutrición. Ferramentas para conseguir o noso peso saudable. Practica de Mindful- Eating.
2.- Práctica Meditación Mindfulness. Pautas xerais para levar unha dieta saudable: a motivación. O coñecemento: Macros e micronutrientes. Mindful- Eating: A fame física e a fame emocional. Sesión práctica de Mindful-Eating para aprender a diferenciar os tipos de fame.
3.- Práctica de meditación mindfulness. Por que non serven as dietas? As ”malas prácticas” e as consecuencias para a saúde. Funcións, alimentos prescindibles e imprescindibles. Os alimentos ultraprocesados e os seus efectos no organismo a longo prazo. Beneficios da redución de carbohidratos refinados na nosa dieta. Práctica de Mindful-Eating para diferenciar estados de plenitude e saciedade cando comemos.
4.- Práctica de meditación Mindfulness. Ferramentas que nos axudan a conseguir o noso peso saudable: O xaxún intermitente, mitos e realidade. A práctica do exercicio, tipos de exercicios e como nos axudan a perder graxa subcutánea e visceral. Outros aspectos relacionados co sobrepeso e a obesidade: o soño, #o #estrés e as enfermidades metabólicas. Sesión práctica de Mindful-eating: frear o piloto automático á hora para comer.
OBXECTIVOS
1. Coñecer os distintos nutrientes e as súas funcións, que alimentos os conteñen e as formas de preparación. Saber que alimentos son beneficiosos e cales son susceptibles de causar enfermidades a longo prazo.
2. Iniciarnos na práctica do mindful-eating como axente condutor do noso cambio na forma de alimentarnos e aprender a diferenciar a fame fisiolóxica da fame emocional.
3. Erradicar o concepto “dieta” como forma de perda de peso.
4. Coñecer as ferramentas que nos axudan a conseguir o noso peso saudable.
Esta actividad impacta nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)