Bacharelato STEM. Ciencia, Tecnoloxía Enxeñaría e Matemáticas
Co obxectivo de proporcionar unha educación de calidad aos xoves estudantes da provincia lucense, a UNED de Lugo súmase á iniciativa de STEMBach da Xunta de Galicia. Esta acción permitirá ao alumnado ser o protagonista do seu proceso de ensino e aprendizaxe ao mesmo tempo que desenvolven as competencias e habilidades establecidas no currículo académico.
Actualmente, o centro universitario dirixe dous proxectos de bacharelato STEM no IES Virxe dos Ollos Grandes relacionados coa conservación da biodiversidade e a crise climática actual que está a sufrir o noso planeta. Ambos proxectos achegan unha nova visión no entendemento da importancia de preservar o medio que nos rodea e de tomar iniciativas para previr e paliar as consecuencias que xa son visibles en todo o planeta.
A UNED de Lugo súmase á loita contra a crise climática organizando unha feira científica coas estudantes de STEM do Bacharelato do IES Virxe dous Ollos Grandes.
Nun esforzo por involucrar ás novas xeracións nesta causa, o estudiantado de STEM do Bacharelato imparte unha feira científica dirixida ás alumnas e alumnos de 6º de Primaria do CEIP Anexa. Este taller, desenvolvido na sede da UNED de Lugo, permite ás mozas científicas presentar os proxectos que desenvolveron na materia de Bioloxía, centrados en temas cruciais para entender e combater a crise climática actual.
Esta iniciativa destaca a importancia do coñecemento como ferramenta para enfrontar os desafíos globais, promovendo un sentido de responsabilidade cara ao coidado do planeta e fomentando un futuro máis sustentable desde a educación e a acción conxunta.