Proxecto "Miño Vivo"
A Fundación Breogán e a UNED de Lugo impulsan "Miño Vivo", un proxecto de educación ambiental que ten como finalidade achegar a cidadanía á contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño, promovendo o coñecemento do seu patrimonio natural, a participación social e a conexión coa natureza.
Esta iniciativa nace coa vocación de colaborar con asociacións, colectivos sociais e entidades da provincia de Lugo a través de experiencias vivenciais ao aire libre, nas que se combinan a aprendizaxe, a sensibilización ambiental, a participación activa e a creación colectiva. Deste xeito, foméntase unha maneira de aprender baseada na observación, a experimentación e o traballo en equipo, fortalecendo o vínculo entre as persoas participantes e a contorna natural.
As asociacións que participaron nestas saídas foron: Raiolas, Down Lugo, ASPANAIS, Dano Cerebral Lugo, e San Vicente de Paul Lugo, reunindo arredor de 80 persoas nas diferentes visitas guiadas pola contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

OBXETIVOS
- Coñecer e valorar a biodiversidade da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
- Favorecer o contacto directo coa natureza mediante a aprendizaxe vivencial.
- Desenvolver habilidades de observación, atención e identificación de especies de flora e fauna.
- Promover actitudes de respecto, conservación e coidado do medio ambiente.
- Potenciar a cooperación, a participación activa e a inclusión entre as persoas asistentes.
- Fomentar a expresión creativa como ferramenta para consolidar as aprendizaxes adquiridas durante a xornada.
ACTIVIDADES
Ao longo das diferentes saídas leváronse a cabo diversas propostas educativas e participativas, entre as que destacan:
- Observación da natureza, mediante a procura e identificación de aves e outras especies de fauna propias da contorna, así como a reflexión sobre o impacto das especies invasoras.
- Descubrimento da flora local, aprendendo a identificar follas e árbores autóctonas e realizando unha recollida respectuosa de elementos naturais presentes ao longo do percorrido.
- "Escoitamos o Miño", unha dinámica de volta á calma baseada na escoita activa dos sons da natureza e na identificación dos cantos das aves.
- "Creamos xuntos", actividade final de elaboración dun mural colaborativo no que as persoas participantes plasmaron as súas impresións, aprendizaxes e emocións utilizando debuxos, palabras e os elementos naturais recollidos durante a xornada.
ASOCIACIONES PARTICIPANTES





























