8M, DÍA DA MULLER
A partir do 8 de Marzo, con motivo do Día da Muller deste ano, o cal o lema según a ONU é: "Financiar os dereitos das mulleres: acelerar a igualdade", a UNED de Lugo impartirá varios actos para fomentar a igualdade de xénero.
O Centro Asociado da UNED de Lugo súmase, como é tradición anual, a conmemoración do Día Internacional da Muller. Ao longo do mes de marzo, tinguido co distintivo color violeta, levaranse a cabo diversas iniciativas que reflexan o firme compromiso co feminismo e a igualdade de xénero en todos os sectores e ámbitos da vida. Estas accións, aliñadas coa Axenda 2030, subraian o compromiso a nivel local e provincial como difusor dos obxetivos de desenvolvemento sostible (ODS), especialmente o ODS 5: "Igualdade de Xénero" e as súas metas: poñer fin a discriminación, a violencia de xénero, ao matrimonio infantil e a mutilación xenital femenina, ao traballo de cuidados domésticos, participación plena da muller e a igualdade de oportunidades, salud sexual e reproductiva e dereitos reproductivos, igualdade de dereitos e recursos económicos, uso da tecnoloxía e acceso as TIC e políticas e leis para a igualdade e o empoderamento.
ACTOS
Durante todo o mes, as instalacións da universidade albergarán a exposición da obra da artista Ana Rodríguez, tamén coñecida como Anama. Baixo o título ""Mullerees contra a fenda de xénero", a artista, a través das súas pinceladas, denuncia diversas desigualdades sufridas polas mulleres.
Adicionalmente, os días 2 e 3 de abril levaránse a cabo as "IV Xornadas Aprendendo Feminismo: Despatriarcalizando la Sociedad". Nesta nova edición, abordaranse os desafíos actuais na axenda feminista, destacando o ODS número 5 da Axenda 2030, que busca garantizar a participación plena e efectiva das mulleres, así como a igualdade de oportunidades en todos os niveis da vida. Contaremos coa participación de destacadas relatoras como Mar Carballo Cela, Concepción García Vázquez, Felisa Redondo Valín, Chis Oliveira e Priscila Retamozo, Carmen Abuín González e Comadres das Letras.
No marco das celebracións, exhibirase "Sementando Feminismo", unha árbore violeta con frases feministas e de mulleres relevantes na historia. Todas as persoas que visiten a universidade poderán contribuir colgando unha frase reivindicativa e compartila coa comunidade. Nel destácanse figuras femininas relevantes como Rosalía de Castro, Simone de Beauvoir, Virginia Woolf, Mary Shelley, Angela Davis, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Clara Campoamor e Charlotte Brontë, entre outras. Estas mulleres foron pioneiras na loita pola igualdade de xénero, destacándose en diferentes ámbitos como a literatura, a defensa de dereitos fundamentais como o aborto e a independencia económica e intelectual das mulleres, así como a denuncia de abusos e inxustizas. O seu legado abarca desde a poesía ata a loita polo voto feminino, o divorcio e a abolición da prostitución.
A UNED de Lugo, comprometida coa igualdade de xénero, reafirma o seu apoio a participación plena e efectiva das mulleres en todos os ámbitos da vida. Este marzo, a universidade vistese de violeta, resaltando o seu decidido compromiso co feminismo e a igualdade en todos os sectores e aspectos da sociedade.