ALFABETIZACIÓN CLIMÁTICA. EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
A UNED de Lugo, no seu compromiso co cambio climático a través dunha iniciativa baixo o nome de "Alfabetización climática. Educación para o desenvolvemento sostible" amparada dentro do proxecto #LugoNaturalmente de divulgación ambiental do programa UNEDFutura da Universidade, está a celebrar diversas conferencias sobre a crisis climática en distintos centros educativos e sociais, nos cales se repasan as principais causas e consecuencias, así como, a orixe do cambio climático co fin de concienciar ao alumnado e resto da sociedade lucense facendo referencia ao contexto histórico da crise climática que nos afecta.
CENTROS EDUCATIVOS
IES LUCUS AUGUSTI
Neste centro na segunda metade da xornada, realízase a análise química de dúas mostras de río diferentes, no primeiro caso, do río Miño á altura da fábrica da luz, e no segundo caso, procedente do Encoro das Cunchas, en Molinos (Baixa Limia). Neste punto, a directora Ana, explicou os parámetros básicos para analizar a calidade dun río, como son a condutividade, o pH e a concentración de nitritos e nitratos. Mediante este exemplo, móstrase aos alumnos in situ unha das consecuencias da emerxencia climática, a eutrofización das augas. Actividade realizada con motivo do Día Internacional contra o Cambio Climático.
IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES
Neste centro, tras a breve conferencia, foi proposto un debate lúdico-educativo co alumnado de cuarto da ESO e bacharelato STEM onde estes desempeñaban a función das distintas partes implicadas nun suposto caso práctico de emerxencia climática.
Logo, con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dúas alumnas do Bacharelato artístico entrevistaban as poñentes como representantes de científicas lucenses en materia de cambio climático.
IES ÁNXEL FOLE / CEIP ANEXA / IES XOÁN MONTES / IES MURALLA ROMANA / COLEGIO FINGOI / IES SANXILLAO
Nestes centros, ao finalizar a conferencia, reuneuse en pequenos grupos ao alumnado para participar nun xogo lúdico-educativo, chamado "kahoot", de coñecementos sobre os conceptos aprendidos na conferencia, co fin de fomentar o seu interese e participación no tema desde un punto de vista entretido e inclusivo.
CENTROS SOCIAIS
FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "LUCUS AUGUSTI"
Neste centro, unha vez finalizada a conferencia faise referencia á oferta bibliográfica dispoñible na biblioteca do noso centro da UNED, onde existe un gran número de exemplares onde aprender e poder formarse mais sobre o tema.
OUTROS
PODCAST CADENA SER
CENTRO PENAL DE BONXE / CENTRO PENITENCIARIO DE MONTERROSO
Nestes centros o propósito da actividade é responder á necesidade de contribuír ao proceso de reinserción das persoas recluídas nos mesmos. Segundo explicou Vitoria Filgueiras, estudante do Grao en Educación Social, nunha entrevista coa cadea SER de Lugo, é fundamental proporcionar actividades que fomenten a educación entre os internos e internas. Este proceso de socialización axuda a mitigar os efectos asociados coa reclusión, como a ansiedade, a perda de autoestima e a falta de habilidades sociais.