A UNED DE LUGO E A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER XUNTAS NA LOITA CONTRA A ENFERMIDADE.
María Luz Abella García, presidenta da Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española Contra el Cáncer, e Ana Belén Traseira Pena, directora do Centro Asociado UNED en Lugo, veñen de asinar un convenio de colaboración para a posta en marcha de diversos proxectos relacionados coa loita contra o cancro.
A UNED de Lugo únese, así, ao proxecto “Mi Reto Contra el Cáncer” de recaudación de fondos para a mellora da calidade de vida dos pacientes oncolóxicos, e pon ao servizo da Asociación as súas instalacións para a celebración de charlas e conferencias sobre a enfermidade, a difusión de campañas de prevención e a celebración de actividades encamiñadas a informar e formar sobre o cancro.
Este acordo afianza a relación entre as duas entidades e a súa visión común, consolidando o seu compromiso cos obxectivos integrados na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, aprobada polas Nacións Unidas.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 50 AÑOS CAMBIANDO LA HISTORIA DEL CÁNCER
Dende a Fundación Científica de la Asociación Española Contra el Cáncer levan 50 anos mellorando a vida das personas con cáncer con máis investigación. Fai 50 anos non podían imaxinar que hoxe serían a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro no noso país e que gracias aos investigadores e a toda a sociedade que apoia a súa misión íban formar parte de todos os avances que se levan conseguido ata agóra da man de milleiros de investigadores que coa Asociación Española Contra el Cáncer participaron no cambio da historia do cancro.
Queríamos conmemorar esta celebración a través da exposición fotográfica 50 años cambiando la historia del cáncer, #investigandoencáncer. Unha oportunidade para descubrir cómo é un laboratorio, a través das imaxes realizadas polo fotógrafo Míchelo Toro, e os resultados da investigación en cancro máis destacados, dos últimos años, que contaron co apoio da Asociación Española contra el Cáncer.
Continuemos investigando xuntos, contiuemos salvando vidas, continuemos cambiando a historia do cancro.