FIADEIRAS
A loita pola igualdade entre mulleres e homes ten implicacións complexas en todos os planos do mundo laboral. Pero, tamén, da nosa vida social, política, e cultural. As mulleres e o feminismo como protagonistas políticas, de xeito máis ou menos explícito, lidamos no día a día con todo tipo de prexuízos, atrancos, discriminacións e iso que se deu en chamar o teito de cristal.
A actividade artística e cultural non é a excepción a un panorama xeral dominado por estruturas patriarcais e machistas que condicionan o xeito de concibir, valorar e promocionar as nosas creación culturais así como a asunción por parte das novas xeracións de referentes femininos que contribúan a mudar o estado de cousas. De paso, este marco imposibilitou durante moito tempo que, con frecuencia, as mulleres acadasen por parte da cidadanía o recoñecemento social froito do seu traballo e talento ou gozasen do prestixio entre os seus pares masculinos no propio ámbito da industria cultural. Malia a iso, moitas das nosas creadoras contribuíron dende posicións de resiliencia a conformar un espazo cultural de resistencia afeito á emerxencia e ás adversidades, facendo parte dunha incesante vangarda que é xa referencia universal e indiscutíbel, polo valor intrínseco das súas creacións que, ademais, foron quen de vencer un marco moi desfavorábel e funcional ao status quo.
RELATORAS
UXÍA DOMINGUEZ
Uxía é unha das figuras centrais da cultura galega e probablemente una das mellores embaixadoras da música tradicional galega en todo o mundo, achegando ademais importantes contribucións á difusión da lusofonía. Leva décadas colaborando coas principais figuras da música e, ao tempo, desenvolveu un incesante labor cívico e social en propostas que sempre promoven talentos emerxentes desde unha óptica comprometida coa loita das mulleres.
ANTÍA OTERO
Antía é unha poeta de referencia da poesía galega e estatal e, ademais, é unha das responsables de Apiario, proxecto editorial de longo percorrido que se distingue pola calidade, o gusto e o rigor das súas publicacións. Acumula tamén longa experiencia impartindo talleres en centros de ensino. Xa sexa como medio de aproximación á poesía, con monográficos sobre autoras/es específicas/os ou cunha serie de propostas nas que se aborda o poético desde diferentes perspectivas.
IDOIA CUESTA
Idoia fala do que ela denomina a súa linguaxe perfecta: a cestaría. As súas pezas traspasan os límites da cestaría trradicional e utilitaria para converterse en creacións contemporáneas e únicas. Tamén da importancia que concede á formación continua, a tecnoloxía e a sinerxía con outros artensáns e deseñadores.
Aínda que se formou como bióloga e especializouse en zooloxía mariña, sempre quixo estudar Belas Artes. Tras participar en cursos de tecido, descubriu a súa paixón pola cestaría no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, emtre outros. Traballa fusionando a cestaría e o téxtil, a partir de técnicas tradicionais de tecido. Realizou multitude de colaboracións, algunhas para frimas nacionais como Adolfo Domínguez, Sara Coleman ou Zara Home, e outras para marcas internacionais como Loewe. Ademais de impartir formacións en escolas e universidades, en 2006 publicou a Guía das plantas cesteables de Galicia. En 2014 Idoia Costa gañou o Premio Nacional de Artesanía na categoría Produto e en 2021 foi galardoada co Premio Artesanía de Galicia.
MÓNICA ALONSO
Mónica é artista plástica cunha dilatada carreira que transcendeu fronteiras. Inicia a súa traxectoria artística en 1997 expoñendo a obra ‘Encostados 3’, unha das súas creacións máis importantes. Exposta en 1998 na Bienal de Pontevedra, en 2005 no Centro Atlántico de Arte Moderna, para pasar a formar parte da colección permanente do Museo Provincial de Lugo. A obra é exposta en 2021 para a exposición Galicia Futura. En 1999 concédeselle a Bolsa Fenosa que a leva a New York ao Acconci Studio. En 2001-2003 a Bolsa Endesa para as artes plásticas. En 2004 a Bolsa Fundación YADDO, Nova York. En 2002 o Centro Galego de Arte Contemporánea dedícaselle unha exposición que a autora titula MITGA 1932-2020. En 2004 viaxa a Valdivia (Chile) para expoñer no Museo de Arte Contemporánea. Realiza a gran intervención ‘Amor nas minchas con Lobos’. 2005 é un ano especial para a artista, reside en Roma coa Bolsa da Academia de España en Roma. O seu proxecto centrábase na obra de Federico Fellini, cineasta que exerce influencia na súa obra. En 2008 inicia outro proxecto centrado na Calor e o Frío. Recibe a Bolsa CAM de Arte Contemporánea co proxecto: ‘Do frío á calor, da calor ao frío, pasando polo temperado’. Lévaa a viaxar de lugares de frío a lugares de calor: Oslo, Sao Paulo, Patagonia Arxentina, Nord Kapp ou o Sahara. O seu multidisciplinariedade lévaa a realizar o proxecto de colaboración: Next 8 Mostra Internazionale dei Architettura, A Biennale dei Venezia, Pavillón Español, 2002; Terapia Habitación de Hospital, Hospital Clínico Universitario de Santiago, CGAC, 2008-2010; Intervención cromática en Centro de Día en Maceda Ourense, 2009. Ingresa en 2022 na Academia Galega de Belas Artes.
UXÍA DOMINGUEZ
ANTÍA OTERO
IDOIA CUESTA
MÓNICA ALONSO