EXERCICIO FÍSICO EN PACIENTES CON LUMBALXIA E CERVICALXIA: UN ENFOQUE BASADO NA EVIDENCIA CIENTÍFICA CO NEUROCIRUXANO PEDRO REIMUNDE.
Impartida polo neurociruxano no Hospital Universitario Lucus Augusti e profesor da Universidade de A Coruña, Pedro Reimunde. Esta conferencia ten como finalidade facer chegar á poboación a evidencia científica que demostra que a inmensa maioría das patoloxías da espalda (lumbalxia e cervicalxia) melloran coa práctica de deporte.
Búscase fomentar hábitos que axuden a cuidar a saúde e a reducir o risco de padecer enfermidades. Cando ocurre a dor na parte baixa ou alta da espalda xenérase a incertidume sobre os factores de risco ou causas que poden desencadealas.
Conferencia impartida por Pedro Reimunde, neurociruxano no HULA, profesor asociado da UDC, fisioterapeuta e readaptador físico, acompañado pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena.
Realizada de forma presencial e online o 9 de Marzo.
OBXECTIVOS
Esta actividade impacta nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
ESCOLA DE ESPALDA
Curso impartido polo licenciado en ciencias da actividade física e do deporte, Ángel Pérez, membro da Area de Recuperación Funcional do Centro de Fisioterapia Roberto M. Cordeiro de Lugo. diseñado para combatir os problemas de espalda debido, na maioría das ocasións á vida sedentaria da poboación. O obxectivo da actividade foi dotar á poboación de ferramentas teóricas e prácticas que contribúen a manter un estado físico óptimo e saudable da espalda.
Tema 1. Anatomía da espalda, estructuras e sistemas. Rexión lumbar.
Tema 3. Educación postural. O Core.
Tema 2. Exercicio e patoloxías da espalda. Rexión dorsal.
Tema 4. Caso práctico de intervención. Relación espalda-extremidades.