CONFERENCIA SOBRE A ESTIMULACIÓN CEREBRAL NA PSIQUIATRÍA CO DR. ALEJANDRO FUERTES SAIZ.
O Dr. Alejandro Fuertes Saiz fala sobre as distintas técnicas de estimulación cerebral na psiquiatría, centrándose especialmente na Estimulación Magnética Transcraneal. Inicialmente fala sobre a base teórica que sustenta o uso deste tipo de técnicas e posteriormente repasa as principais técnicas de estimulación cerebral, algunhas delas aínda en fase experimental. Remata o seu relatorio abordando, dende un enfoque teórico-práctico, o uso da Estimulación Magnética Transcraneal , unha técnica de estimulación cerebral non invasiva que está revolucionando o campo da neuropsiquiatría.
Trátase dunha oportunidade para os profesionais da saúde mental, de coñecer cómo ampliar os horizontes de tratamento dos seus pacientes, aplicando técnicas complementarias aos abordaxes psicofarmacolóxicos e psicoterapéuticos tradicionais.
Para rematar Manuel Neira Nogueira, técnico-comercial de NEUROGAL, móstranos as instalacións e máquina que se utiliza no proceso.
Conferencia impartida por Alejandro Fuertes Saiz, médico especialista en Psiquiatría e actualmente desenvolve a súa actividade no Hospital La Salud de Valencia donde coordina a Unidad de Estimulación Cerebral No Invasiva e forma parte do Programa de Depresión Resistente, acompañado pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena
Realizada de forma presencial e online o 4 de Maio.
OBXECTIVOS
Esta actividad impacta no seguinte Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS)
1. Conferencia Dr. Alejandro Fuertes Saiz
2. Mostra de instalacións e máquina utilizada no proceso