CÓMO PREVIR A ADICCIÓN ÁS TECNOLOXÍAS CON DENIS FERNÁNDEZ VALCÁRCEL.
A adicción ás TIC é unha adicción comportamental que consiste en sentir a necesidade de ter que estar con algún aparello electrónico e ter unha dependencia do seu uso. É un trastorno da conduta que adoita afectar máis a persoas mozas, aínda que calquera pode ser adicto ás novas tecnoloxías. Internet, as redes sociais e os videoxogos son os principais causantes desta adicción.
Este trastorno conductual pode ter graves efectos na saúde das persoas e tamén repercusións no ámbito social. Cando vexamos que unha persoa próxima a nós empeza a estar demasiadas horas pendente do teléfono, das consolas ou de calquera aparello relacionado coas novas tecnoloxías, debemos empezarnos a preocupar. A primeira cousa que pode verse afectada serán as relacións sociais, xa que quizá poderemos observar a unha persoa cada vez máis alterada ou con máis ansiedade e
menos ganas de interactuar. Tamén é sintomático o feito de darlle unha importancia superior á que se debería ao consumo de novas tecnoloxías ou mostrarse angustiado polo feito de non poder facer uso destas. A utilización no ámbito social, educativo e recreativo que facemos actualmente das novas tecnoloxías pode propiciar cada vez máis este tipo de adiccións comportamentais e por eso mismo debemos tratar de previlos ou de tratalos en caso de que sexa necesario.
Conferencia impartida por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo deportivo, acompañado pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena.
Realizada de forma presencial e online o 22 de Novembro.
OBXECTIVOS
Esta actividade impacta no seguinte Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS)
CURSO PSICOLOXÍA DAS ADICCIÓNS
Neste curso se estudase dende o punto de vista da psicoloxía o funcionamento da conducta adictiva, é decir, as causas asociadas, as súas variables, (tanto psicolóxicas como físicas) que inciden no mantemento de dito comportamento e os seus efectos e consecuencias na vida do individuo.
Danse pautas tamén para realizar a prevención adecuada ante estas adiccións, así como se traballan conceptos de psicoloxía dos grupos que nos fan ser máis propensos a ser adictos.
O principal obxectivo deste curso é presentar os conceptos máis relevantes sobre as adiccións e a súa prevención dende un punto de vista psicosocial. Trátanse temas como o uso, abuso e dependencia de sustancias, pero tamén as denominadas adiccións comportamentales ( sexo, xogo, compras, internet, redes sociais e móbiles).
PROGRAMA
- Que é unha adicción e que tipos hai. Tabaco.
- Alcol, drogas e outras sustancias.
- Adiccións comportamentales.
- Adiccións as TIC.
- Adiccións a comida/ conductas compulsivas.