CURSO DE ACTUACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS, SOPORTE VITAL BÁSICO COA INSTRUCTORA MARÍA DO PILAR PAVÓN LÓPEZ.
Introdúcese ás persoas non sanitarias na actuación ante situacións de emerxencias e urxencias vitais, para que esas personas primeiras intervintes sexan eficaces e contribuan a salvar vidas e á boa recuperación dos e das accidentados/as, sen causar danos e evitando secuelas derivadas dunha mala actuación ou da inexistencia da mesma, todo elo protexendo a socorredores/as e creando un entorno seguro.
Adquirense habilidades básicas para practicar primeiros auxilios e recoñecer situacións de peligro vital, reanimación cardiopulmonar, desobstrucción da vía aérea, actuación frente a hemorraxias, fracturas, queimaduras, intoxicacións.
Curso impartido por María Do Pilar Pavón López, experta en educación para a saúde e instructora de Soporte Vital Básico e DESA pola Semicyuc.
Realizada de forma presencial e online o 15 de Marzo.
CONTIDO
1.- Introducción. Primeiros auxilios e Soporte Vital Básico. Emerxencias e urxencias vitais. Urxencias non vitais.
2.- PCR e reanimación cardiopulmonar en adultos, pediatría e lactantes. Desfibriladores.
3.- Obstrucción da vía aérea por corpo estraño. Actuacións en adultos, pediatría e lactantes.
4.-Tipos de shock e actuación frente aos mesmos.
5.- Hipoglucemias.
6.-ICTUS
7.-Infartos de miocardio.
8.-Hemorraxias.
9.-Traumatismos.
10.- Queimaduras.
11.- Convulsións.
12.- Otras situacións non vitais.
13.- Contido dun botiquín.
OBXECTIVOS
Acadar unha boa práctica de actuacións en primeiros auxilios e recoñecemento de situacións de emerxencia e urxencia vital.
Esta actividad impacta nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)