NINGÚN ARO SEN REDE. Un proxecto da Fundación Breogán, en colaboración coa UNED de Lugo e Ecoballution.
Ningún aro sen rede nace dunha idea moi sinxela, acadar as sinerxias precisas para proveer a aqueles centros escolares que así o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles. Para elo, propónse unha competencia entre os centros participantes os cales deberán reciclar o maior peso posible de material escolar, resultando gañadores aqueles 3 que consigan un maior peso ao remate do concurso, recibindo así premios tanto do club como da universidade.
Unha pequena acción que, mediante o seu desenrolo e execución, quere ser exemplo de economía circular, respetando e fomentando alguns dos principios e valores da Axenda 2030 da ONU.
OBXECTIVOS
- Dotar a todos aqueles centros que así o soliciten de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.
- Fomentar a reciclaxe, a reutilización e o consumo responsable.
- Compromiso co medio natural e fomentación dos valores e principios de sostibilidade recollidos na Axenda 2030 e no Pacto Verde Europeo.
- Ter a total seguridade de poder contribuir a mellorar a nosa sociedade. Primeiro concienciando ós máis novos, que son o noso futuro, da importancia da práctica deportiva e de levar unha vida sa. E segundo, de demostrarlles que é posible facelo coidando do noso entorno, do medio ambiente e aprendéndolles a importancia de reciclar, reutilizar e dun consumo responsable.
ACTIVIDADES
Nesta iniciativa, as entidades fundadoras facemos visitas aos centros educativos nas que levan a cabo distintas actividades nas cales participan representantes das diversas entidades; os xogadores e a mascota do club, Máximus, o director da Fundación Breogán, Salvador Arco, a directora e a biológa da UNED de Lugo, Ana Traseira e Paula Fernández, e representantes de Ecoballution.
- Explicación do proxecto "Ningún aro sen rede", desde o material das redes de Ecoballution ata a importancia da reciclaxe no ámbito escolar.
- Concursos de baloncesto para profesores e alumnos con agasallos proporcionados polo club e a universidade.
- Colocación de redes Ecoballution.
- Firmas de autógrafos e fotografías por parte dos xogadores.
CENTROS EDUCATIVOS
O 25 de setembro de 2024 procedeuse á entrega de premios aos centros educativos que participaron no concurso de recollida de material reciclado. Entre os colexios galardoados atópanse o CEIP Casás de Lugo, CEIP Virxe do Monte de Cospeito e o CEIP de Celeiro en Viveiro.
Durante o evento, acudiron os representantes de cada centro para recibir os premios establecidos polas 3 entidades colaboradoras do proxecto, a Fundación Breogán, Ecoballution e a UNED de Lugo.
CEIP ALBEIROS
CEIP CASÁS
CEIP CELEIRO
CEIP FREI LUIS DE GRANADA
CEIP GREGORIO SANZ
CEIP ILLA VERDE
CEIP LUIS PIMENTEL
CEIP PLURILINGÜE DE MUIMENTA
CEIP SAN COSME