DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2025
Con motivo do Día da Muller (8M), a UNED de Lugo organizou este percorrido cultural para visibilizar a contribución das mulleres á vida cultural e artística da cidade. O paseo, guiado pola historiadora da arte Raquel Iglesias, puxo de manifesto a pegada de sete mullres que deixaron unha profunda influencia na historia e na cultura de Lugo. A continuación, descríbese o itinerario seguido:
- Fogar de Santa María (CENTRAD): Punto de partida e introdución á actividade.
- Barrio do Carme: Un dos espazos máis emblemáticos de Lugo, pola súa evolución histórica e o seu vínculo co río Miño.
- Porta Miñá: Unha das portas máis antigas da Muralla Romana, punto chave do Camiño Primitivo.
- Praza Maior: Centro neurálxico da cidade, destacando pola súa arquitectura e importancia como espazo de encontro.
- Campo Castelo: Unha praza viva e dinámica, testigo do desenvolvemento urbano de Lugo.
- Escola Palimoco Teatro: Final do recorrido, donde Pomba Luxilde nos sorprendeu cunha intervención artística especial.

MULLERES PROTAGONISTAS DO ROTEIRO
ADELA FIGUEROA
Bióloga, escritora, mestra e activista medioambiental, cuxa obra une literatura e compromiso ecolóxico.
BRANCA VILLARES
Investigadora do patrimonio e da tradición oral. Imparte clases de canto tradicional, pandeireta, pandeiro e pandeira en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.
CARMEN GRANXEIRO
Escritora e directora de cine, cunha destacada traxectoria audiovisual, especialmente implicada en temas sociais.
JULIA MINGUILLÓN
Pintora de gran relevancia no século XX.
MARICA CAMPO
Recoñecida poeta e gañadora do Premio da Cultura Galega, cunha obra de forte compromiso social e feminista.
TAREIXA CAMPO
Actriz e directora de teatro, destacada pola súa labor teatral e a súa contribución á escena galega.
POMBA LUXILDE
Dramaturga, directora, actriz e profesora.


