SABORES SAUDABLES
Sabores saudables acompaña a deportistas profesionais de clubs lucenses para coñecer as súas rutinas nutricionais e poñelos a cociñar da man dos mellores chefs da cidade.
Collemos a deportistas moi recoñecidos para as nosas aflicións co fin de chegar ao maior número de espectadores e divulgar a mensaxe principal da campaña: o fomento da vida saudable baseada no deporte e no coidado da alimentación.
O proxecto #UNEDLifeSaboresSaudables promovido pola UNED e o Concello de Lugo conta coa colaboración de clubs como o CB Breogán, o CV Emevé, o CD Lugo, o CB Ensino; tamén prestan a súa axuda algúns dos restaurantes máis recoñecidos da cidade (Os Cachivaches, Restaurante España,...) incluíndo aos seus chefs que serán os coach dos nosos deportistas.
Cada unha das receitas contará coa avaliación da nutricionista Ángeles Novo
OBXECTIVOS
- O fomento dunha vida saudable baseada no deporte e no coidado da alimentación.
- Promover o consumo de produto de tempada e de proximidade, fomentando a mitigación do Cambio Climático.
- Poñer en valor a gastronomía lucense.
ACTIVIDADES
Cada pílula de vídeo constará dunha personaxe protagonista á que seguiremos no transcurso dunha xornada completa ata chegar ao restaurante onde terá que cociñar unha das receitas saudables que lle pida o chef.
Restaurante España: Ravioli de boi con emulsión de pataca e fideos de cabaciña. Deportista: Laura Aliaga. Club: CB Ensino.
Restaurante Canedo: Tallarines de lura picantes con tomates en tres texturas. Deportista: Sergi Quintela. Club: CB. Breogán.
Restaurante Colón: Pescada en semisalazón con tomate recheo de verduras asadas. Deportista: Sara Folgueira. Club: CV Emevé.
Os Cachivaches: Arroz de espárrago branco, flor de ovo e crema de chícharos. Deportista: Erik Quintela. Club: CB Breogán.
Restaurante Paprika: Xurel casi crú con grelos escollidos. Deportista: Sara Álvarez.
DEPORTISTAS E CHEFS
LAURA ALIAGA
(Durán Maquinaria Ensino)
&
HECTOR LÓPEZ
(Restaurante España)
SERGI QUINTELA
(Club Baloncesto Breogán)
&
NARDO EIROA
(Restaurante Canedo)
SARA FOLGUERIA
(CV Emevé)
&
SANTI ALMUIÑA
(Restaurante Colón)
ERIK QUINTELA
(Club Baloncesto Breogán)
&
ALEJANDRO MÉNDEZ
(Os Cachivaches)
SARA ÁLVAREZ
(Judoka)
&
ÁLVARO VILLASANTE
(Restaurante Paprika)