MÓLLATE POLOS RÍOS
O proxecto “Móllate polos Ríos” é un programa organizado ao longo destes anos por ADEGA (Asociación para la Defensa Ecológica de Galicia), Coidemos Lugo e a UNED. Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que ten como finalidade acercar ríos e persoas a través da concienciación, a educación ambiental e a participación ciudadana en defensa dos nosos ríos e cuxa última cita "XVI Limpeza Simultánea de Ríos" tuvo lugar o 24 de setembro de 2023 na zona do río Miño que transcurre no contorno das instalaciones da UNED. Durante a xornada, dunha duración de 3h levóuse a cabo a limpieza do río en dita zona contribuindo a súa próspera conservación.
Desta forma, o proxecto fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que discorre polo seu municipio ou localidade. Esto permite obter un mostreo representativo do estado do río e construir unha imaxe xeral do estado do ecosistema fluvial.
OBXECTIVOS
- A importancia da educación ambiental para coñecer mellor os ecosistemas acuáticos e promover comportamentos que contribúan no estado de conservación dos ríos.
- A constancia do traballo co voluntariado ambiental que se fai responsable do tramo dun río.
- O fomento da participación cidadá como ferramenta fundamental que permita camiñar hacia unha sociedade máis sensibilizada e capacitada para emprender accións de protección e mellora destes ecosistemas.
- Concienciar á sociedade lucense da importancia da participación ambiental.
ACTIVIDADES
Os ríos son uns grandes descoñecidos, especialmente a complexidade que hai dentro do ecosistema fluvial, como é o caso dos macro-invertebrados, que nos axudan a determinar a calidade da auga e do ecosistema fluvial en xeral. Neste sentido, a UNED de Lugo ten unha localización privilexiada por encontrarse ao pé do río Miño, un dos grandes cursos fluviais de Galicia, permitindo acercarse á complexidade deste sistema como é o bosque de ribeira e a fauna e flora que alberga. Co fin de por en práctica as labores transmitidas polo proxecto “Móllate polos Ríos”, lévase a cabo a seguinte actividade.
- Xornadas de limpeza simultánea de diferentes tramos de ríos que habitualmente vénse saturados e contaminados por residuos que en épocas de mal tempo acaban nos ríos polo desborde dos rexistros das cidades nas cales se fai unha mala xestión dos residuos desbotando estes de maneira incorrecta polo inodoro.