Semana UNED Lugo contra a violencia de xénero: unha ollada dende a xustiza
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Co obxectivo de abordar esta problemática desde a perspectiva da xustiza, a universidade organiza unhas xornadas formativas para analizar os aspectos relevantes relacionados coa violencia de xénero, desde unha perspectiva xurídica, penal e procesual.

RELATORAS
DÍA 1
- Roberto Barba Alvedro. Violencia contra a muller: onde estamos, cara onde imos (Director Xeral da loita contra a violencia de xénero).
- Susana Pazos Méndez. Labor xurisdiccional e perspectiva de xénero (Maxistrada).
- Carlos Suárez-Mira Rodríguez. Código Penal e violencia de xénero (Maxistrado, profesor titular de universidade, UNED A Coruña).
DÍA 2
- Ana Libertad Laliena Piedrafita. Claves da Directiva UE 2024/1385 (Maxistrada, profesora ordinaria Escola Xudicial).
- Begoña Santos Fernández. Asistencia jurídica á vítima de violencia de xénero (Avogada ICA Lugo, exdirectora xeral de Xustiza Xunta de Galicia, docente UNED Lugo).
DÍA 3
- Ana Jartín Abraira. Oficina de Asistencia a vítimas e violencia de xénero (Psicóloga-perito de IMELGA).
- Áurea Martínez de la Fuente (fiscal Fiscalía Provincial Lugo), María Vázquez Gómez (fiscal Fiscalía Provincial Lugo). Menores e violencia de xénero.
DÍA 4
- Pilar García-Puertas Taboada. Discapacidade e violencia de xénero (presidenta da Asociación Xustiza e Diversidade. Avogada ICA Lugo).
- Sandra Piñeiro Vilas. Violencia de xénero tecnolóxica (maxistrada, profesora tutora UNED Lugo).
- Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez. Investigación policial, proceso penal e vítima de violencia de xénero (doutor en dereito, xuíz, mediador e profesor tutor UNED Lugo).