PROXECTO RÍOS
O "Proxecto Ríos" é un programa coordinado en Galicia desde o ano 2005 por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia). Trátase dunha iniciativa que ten como finalidade achegar os ríos ás persoas a través da concienciación, da educación ambiental e da participación cidadá na defensa dos nosos ríos.
Mediante esta acción, desde a UNED de Lugo reforzamos o noso compromiso coa sensibilización ambiental, promovendo a participación activa da sociedade na protección dos ecosistemas e fomentando unha relación máis respectuosa coa contorna natural.

OBXETIVOS
- Fomentar a sensibilización e o compromiso ambiental da comunidade universitaria mediante a participación activa na avaliación e conservación dos ecosistemas fluviais.
- Achegar ás persoas participantes ao coñecemento dos ecosistemas fluviais, promovendo unha maior comprensión da súa importancia ecolóxica.
- Analizar a calidade ambiental do río a través do estudo hidromorfolóxico e dos seus parámetros físico-químicos e biolóxicos, identificando os posibles impactos sobre o ecosistema.
- Sensibilizar sobre a necesidade de preservar os recursos hídricos e promover actitudes responsables e respectuosas co medio natural.
ACTIVIDADES
Durante a actividade de voluntariado, as persoas participantes realizaron unha inspección ambiental do río, analizando o seu estado ecolóxico mediante a observación directa, a recollida de datos e a identificación de elementos clave, como os macroinvertebrados, empregados como bioindicadores da calidade da auga. Ademais, avaliáronse os parámetros físico-químicos e os posibles impactos sobre o ecosistema fluvial.
Con base na inspección realizada no treito da desembocadura do río Rato, pódense presentar os seguintes resultados:
- Calidade hidromorfolóxica: hábitat que pode soportar unha boa comunidade de macroinvertebrados. A cobertura de vexetación acuática foi escasa e os substratos do fondo do río están formados maioritariamente por bloques e pedras, así como por grava. A calidade do bosque de ribeira resultou moderada, cun caudal de m³/s. En relación coas alteracións detectadas, podemos afirmar que a auga presentaba unha cor turbia, sen olor, e que os residuos atopados foron principalmente latas e toalliñas de hixiene persoal.
- Calidade fisicoquímica: estudáronse as seguintes condicións. A transparencia analizouse utilizando un disco de Secchi colocado debaixo dunha botella, podendo observarse os seus catro sectores, o que indica un bo resultado. En canto ao pH, obtívose un valor entre 6 e 7; a medición da concentración de osíxeno disolto deu como resultado 3 mg/l. No que se refire á concentración de nitratos, a medición obtida foi de 5 mg/l.
- Calidade biolóxica: existe unha relación entre a presenza de determinados organismos e o estado de saúde do ecosistema fluvial. Estes organismos denomínanse bioindicadores e, entre os macroinvertebrados detectados, atopáronse tricópteros e dípteros.
INSPECCIÓN




PARTICIPANTES









