A Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED impulsa un Programa de Divulgación Ambiental integrado no Ente Latinoamericano de Comunicación en Español (ENLACE), a través de Estudio Radio, en formato pódcast. Este espazo ten como finalidade promover, con carácter mensual, a sustentabilidade mediante faladoiros educativos, comunicativos e científicos que fomenten unha cidadanía ambientalmente responsable.
O programa abordará cuestións clave como a loita contra a crise climática, a protección dos ecosistemas e a responsabilidade individual e colectiva na conservación do medio ambiente.
Na seguinte ligazón pódense consultar os episodios do programa de radio.
Sensibilización ambiental e divulgación científica, un espazo de debate arredor dos grandes desafíos globais relacionados coa sustentabilidade e o medio ambiente, con análises de persoas expertas, entrevistas a persoal científico, activistas, líderes comunitarios e representantes de sectores clave.




